Festival de Música Independente

FaCeLa

Fest 2024

Cartel Facela Fest 2024 por días

Conta atrás…

Entradas

Abono 3 días = 40€

Abono Xoven = 20€

(menores de 25 anos)

Estamos a poucos días da oitava edición do FaCeLa, un festival único na súa especie: o máis exquisito da música independente para o máis fiel público da escea galega. Bandas internacionais como nunca antes as puideches ver: a tiro de bico, a un guichar de ollo… Get on your dancing shoes, pon Lugo no GPS e déixate intoxicar polo veleno sonoro do FaCeLa Fest!

Los Enemigos Facela Fest

Los Enemigos

Potentes guitarras para harmonías sutís: o seu último disco ata hoxe —agardemos que non o derradeiro—transita dende o power-pop até o punk rock. Los Enemigos… Los Enemigos! Pouco máis se pode dicir dunha banda que é historia viva do rock ibérico.

Micah P. Hinson Facela Fest

Micah P. Hinson

O artista de Memphis, Micah P. Hinson (americana, folk), non puido estar en Lugo o ano pasado por problemas persoais. Musicalmente, comparárono con artistas como Tom Waits ou Nick Cave, mais el di sentirse próximo a Elliott Smith ou Iron & Wine e ter medrado escoitando My Bloody Valentine ou Pixies.

Lisabö Facela Fest

Lisabö

Chegan co seu formato doble trío —dúas baterías, dous baixos e dúas guitarras— presentando o seu sexto disco Lorategi izoztuan hezur huts bilakatu arte. Lisabö, máis de 25 anos de post-hardcore dunha intensidade brutal que se che mete baixo a pel; con textura e intención, mais tamén cunha gran delicadeza.

Escenarios

Xoves, 9
Club Clavicémbalo. 22:00h
Venres, 10 / Sábado, 11
Exterior Auditorio Gustavo Freire. 19:30h

O Facela Fest 8 inaugúrase o xoves, 9 de maio, ás 22.00 horas. Será na casa común do mundo sonoro lucense: o histórico Club Clavicembalo. O venres e o sábado, trasladámonos aos exteriores do Auditorio Gustavo Freire: un lugar cómodo, con facilildade para aparcar e múltiples baños interiores… En definitiva, o mellor sitio para gozar da mellor música independente internacional. Sen máis preocupacións!

Foodtrucks

Contamos co mellor carburante para que bailes durante toda a fin de semana. Os Cachivaches traerá os mellores arroces e Il Farabutto pizzas para todos os gustos (tamén para os que comen carne). Como era o dito? … E para comer, Lugo! Pois iso, do Facela non vas marchar con fame.

Bar

Mahou é un dos nosos patrocinadores, así que cervexa non vai faltar. Mais tamén teremos outras bebidas alcólicas e non alcólicas de varias marcas a prezos terreais. E o mellor de todo, servidas polos camareiros máis véloces, solícitos e simpáticos de todo o país e parte do estranxeiro.

Cashless (Woutick)

Paga coa Pulseira Cashless (Woutick) que che entregamos coa túa entrada ao recinto. Despreocúpate de billetes e moedas, recárgaa coa cantidade de euros que precises… e se che sobran, recupéralos facilmente ao rematar o FaCeLa… ou, ejem ejem, se queres, non €€€ → Todo suma para seguir independentes!

Vente xa!

 

!
The Jackets FaCeLa